
Outra cita coa lÃrica que tivo que ser cancelada estes dÃas foi o encontro periódico do certame oral de poesÃa Slam Poetry Compostela, que fai unha competición ao vivo e que tiña prevista unha eliminatoria o vindeiro 25 de marzo no Riquela Club de Santiago. Pero como eles decidiron, a poesÃa non para, asà que cambiaron a un formato virtual, o Virtual Poetry Slam, mantendo a caracterÃstica competitiva do encontro. Este sábado 21 de marzo ás 20:30 horas 12 participantes terán 3 minutos cada un para facer unha peza poética en vÃdeo que se irán publicando a través do Facebook de Poetry Slam Compostela e tras acabar eles habilitarase unha ligazón durante 15 minutos para as votacións populares, cuxo resultado coñecerase inmediatamente. Participarán desta volta: Riquinha, Peter Brea, Raquel Duque, MartÃn Corral, Fátima Delgado, Paulo Maestro, Valentina Isidora, Neza, Lúa Mosquetera, Ghachuska, Andrea Valle e Ricardo Núñez.
Tamén a editorial Leite Edicións, puxo en marcha esta semana, xa desde o luns, a iniciativa Corona Ipsum pola cal cada dÃa subirán á rede un vÃdeo dunha diferente poeta. Arancha Nogueira, LucÃa Cernadas e Orballo son as tres primeiras en sumarse a este recital colectivo e secuenciado que busca seguir espallando a poesÃa polas casas a través das redes.
En Culturagalega.gal seguiremos a dar conta das diferentes iniciativas nesta liña que vaian aparecendo na rede, unificadas baixo o cancelo #culturanacasa.