
Pola súa banda, Gancho Producións convida a participar en Xanela, "un proxecto audiovisual colaborativo que pretende facer un retrato colectivo da sociedade durante o estado de alarma provocado polo Covid-19". Segudo explica a produtora "queremos crear un espazo que explore a vivencia cotiá durante o confinamiento no fogar, e tamén a situación vivida no ámbito profesional. Por esta razón queremos que ti sexas o/a protagonista. EnvÃanos vÃdeos, fotos, mensaxes de Whatsapp, audios, videochamadas, calquera detalle que che permita estar conectado/a na túa contorna e na distancia. Queremos coñecer que se agocha trala túa xanela. Precisamos documentar a túa historia: a nosa historia".
Ademais, dúas producións galegas se incorporan a plataformas de streaming. Por unha banda, Auga Seca coprodución de Portocabo e a compañÃas portuguesa SP-i será a partir de hoxe a primeira seria na nosa lingua dispoñible en HBO España e Portugal. Pola outra, Eroski ParaÃso entra a facer parte do catálogo de Filmin.
Canda a estas propostas continúan a aparecer na rede en aberto diferentes filmes realizados no paÃs. Un deles é o documental Entrar aos Vilares, producido por Lareira de soños e dirixido por Cibrán Tenreiro. O filme ábrese estes dÃas nas redes "para colaborar na corentena do coronavirus e facer máis levadeiro o encerro". A produción, que retrata a parroquia natal do poeta DÃaz Castro, foi finalista na 12 Mostra Internacional de Cinema Etnográfico e conseguiu 1.000 visualizacións nos seus dous primeiros dÃas en aberto.
Idiota é o tÃtulo da curta que Fran Estévez e Hipotálamo Films lanzaban en Youtube estes dÃas a recomendar nas redes sociais que "non leas as novas. Non compartes vÃdeos que inciten o odio. Esquécet do mundo na medida do posible simplemente agarda a que pase o chaparrón. (...) Durante estea corentena se intelixente, se idiota".
A historia da guerrilla antifranquista está tamén en aberto no documental Camilo, o último guerrilleiro de Galicia. O traballo co que catro estudantes de comunicación da Universidade da Coruña quixeron homenaxear este histórico loitador antifranquista está dispoñible en Youtube como homenaxe ao seu protagonista, recentemente falecido.
O colectivo Unha gran Burla Negra liberou tamén a súa curtametraxe documental sobre a reacción social á catástrofe do Prestige. O filme é un proxecto en desenvolvemento que pretende dar unha longametraxe sobre esta cuestión a recoller imaxes da época e reflexións sobre aquel movemento social.
Cesteando é o tÃtulo do documental co que Plácido Romero retrata a figura do cesteiro tradicional José Antonio González Fernández. Segundo explica a presentación do filme "ademais dunha reflexión diferente sobre o mundo rural, o tÃtulo pretende ser unha metáfora que combina as técnicas relacionadas coa elaboración de cestos cos elementos que van configurando a personalidade de Toño o Cesteiro, o protagonista".
Pinancho Servizos Audiovisuais publicou tamén na rede o documental Asolagados un retrato das aldeas anegadas polo encoro de Belesar e da xente que viu desprazada por esta obra.
O filme estará en aberto ao longo da primeira semana de abril na plataforma Vimeo.
ASOLAGADOS sub Castellano from pinancho audiovisuais on Vimeo.
O repaso pola poesÃa galega actual que achega o documental Vértice de Versos tamén se oferta en aberto durante o perÃodo de confinamento. Carlos Lorenzo, responsable do proxecto, sinala nas redes sociais do filme que "cremos que é a nosa obriga cidadá, xa que para facer posible esta pelÃcula recibimos axuda con diñeiro público (o voso diñeiro), e debemos corresponder coa sociedade facendo esta humilde achega nestes momentos complexos que estamos a vivir". ??????
Vértice de Versos from Carlos Lorenzo Pérez on Vimeo.