
O mozo da última fila nos presenta unha fonda reflexión cargada de ironÃa sobre a fascinación polas vidas alleas, a manipulación dos seres queridos e a lexitimidade de toda creación artÃstica que emprega como materia prima a realidade que nos envolve. A súa trama xira ao redor dun profesor de literatura e un alumno, interpretados respectivamente por Roberto Leal e Guillermo Carbajo, que se enlean con complicidade nun atÃpico "tour de force" literaria que acaba por derivar nunha sorte de xogo psicolóxico que afectará as súas contornas persoais. O autor fálanos do mundo educativo, da alienación cultural ou da clase media a través da historia de Xermán, un veterano e desmoralizado profesor de instituto que a principio de curso, pÃdelle ao seu alumnado que escriba unha redacción sobre a súa fin de semana. De todos os traballos, chámalle a atención a calidade do texto de Claudio, estudante introvertido que non participa nin destaca, nin por arriba nin por abaixo. Na súa redacción, Claudio xoga coa ficción e a realidade a través da observación da familia dun compañeiro. Asà comeza un relato por entregas entre alumno e profesor que acaba convertido nun xogo perigoso, tanto para eles coma para quen os rodea.
A estrea e posteriores representacións no Teatro Principal vense afectadas polas restricións de seguridade sanitaria actuais, polo tanto o pano subirá para menos de 70 espectadores e seguindo uns protocolos de acceso á sala estipulados en tempo e forma para evitar contactos e aglomeracións.