O Concello da Coruña anunciou a súa intención de solicitarlle á Xunta a declaración do inmoble como BIC a atender á súa singularidade como un dos poucos edificios civÃs do paÃs en estilo rococó. A finais do pasado mes de xuño retomábanse os traballos, logo da interrupción por mor do confinamento sanitario, para elaborar un informe neste sentido a cargo do historiador da arte Alfredo Vigo Trasancos.
A solicitude do Concello enmárcase na acción para recuperar o inmoble para o dominio público, unha solicitude que se aprobou de xeito unánime no pleno municipal. Canda ao interese patrimonial do edificio, fica aberta a posibilidade dunha reclamación xudicial á familia propietaria ao se considerar que houbo fraude na operación de venda aos Franco.