
Canda a este premio, a vindeira xeira do festival entregará, entre os vindeiros 2 ao 5 de setembro, os seus ChimpÃs de Prata, que recoñecen o traballo a prol do propio evento. En concreto, os Pepe Puime, irán para a actriz e profesora Mariana Fernández e para a coordinadora médica do Festival Merchi Sánchez. O dúo de arquitectos formado por Juan Creus e Covadonga Carrasco, pola súa banda, recibirán o ChimpÃn de Prata Divina Campos, en recoñecemento ao seu traballo "á hora de analizar os espazos do festival en relación co territorio e o entorno da nosa aldea”. O dúo coordina a iniciativa "Cans Proxecta", que cada ano desenvolve diferentes intervencións na poboación que acolle o evento e comisariou a mosta "Ducia de Cans".