
A faceta coma tradutora de Xela Arias será na que se centrará a mesa redonda que terá lugar este venres 26 de febreiro organizada por docentes da Facultade de FiloloxÃa e Tradución, da que a autora á que se lle dedica o DÃa das Letras Galegas 2021 foi alumna. A mesa redonda, titulada Letra a letra con Xela Arias. Colaboración e tradución, contará coa participación de tres persoas que traballaron con ela nese eido, ben como tradutoras man a man, ben como revisoras ou correctoras: Débora Ramonde, tradutora; Lidia Iglesias, profesora e Rafael Ferradáns, tradutor. O encargado de moderar o debate será o escritor e docente Manuel Bragado, que tamén traballou con Xela Arias en Xerais. A mesa redonda será en modalidade virtual e poderá seguirse en directo de 16:30 a 18:00 horas a través da canle 1 de UVigoTV.
O obxectivo deste encontro que se transmitirá de xeito virtual é recuperar a memoria da Xela Arias tradutora, un labor que permitiu ler en galego, por exemplo,
Drácula, de Bram Stoker;
O derradeiro dos mohicanos, de James Fenimore Cooper;
Venus Negra, de Angela Carter;
As bruxas, de Roald Dahl ou
Dublineses, de James Joyce. Ademais formou parte do comité de redacción da revista de tradución
Viceversa. Esta labor de tradutora supúxolle a Arias varios galardóns ao longo da súa carreira, como a Medalha do Premio de Traduçao Sociedade de LÃngua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución ou o Premio Plácido Castro, póstumo.