
Segundo completa o resumo do Consello publicado pola Xunta "este acervo resulta de gran valor porque explica a transformación do territorio e o modo de vida da xente do mar, a súa construción social e cultural ao longo do tempo e a evolución dos seus oficios e técnicas".
Como primeiro paso, o Consello aprobou a sinatura dun convenio da Consellería do Mar coa Universidade da Coruña e a Fundación da Universidade da Coruña para elaborar "un documento base deste plan no cal se proporán liñas estratéxicas, iniciativas e accións para o período 2021-2023 e os pasos que cómpre seguir no futuro co obxectivo de preservar a cultura marítima de Galicia". O acordo, dotado con 192.500 euros, prevé o desenvolvemento dun estudo detallado que "cubrirá todo o litoral galego para definir as liñas das políticas culturais unindo as tradicións e o valor do patrimonio marítimo.
O profesor Óscar Fuertes Dopico dirixirá este proxecto que, para alén da citada análise desenvolverá debates e encontros "con expertos vinculados ao sector do mar, coas principais asociacións da cultura marítima e con outros axentes relacionados con este ámbito".