
Deste xeito, no programa inclúense actuacións diarias para público infantil, concertos e recitais poéticos a rematar cada unha das xornadas e múltiples presentacións e sinaturas. A autora Najat el Hachmi, premio Nadal 2021, preséntase como autora convidada desta xeira, na que, como novidades, desenvólvese na tarde desde dous de xullo un encontro con Eva Mejuto, que é recoñecida como traxectoria destacada deste ano.
Tamén se estrea a sección Libros do Trinque, que reúne na LibrarÃa Paz o público con autores que acaban de lanzar obras nestes dÃas. Nesta xeira, serán Xabier Quiroga e Lorena Conde os protagonistas dos encontros. Mesas redondas sobre ilustración, Xela Arias ou a novela negra en Galicia súmanse á nova sección De... A... que nesta ocasión amosa como chegaron á literatura desde o xornalismo as autoras Ana Cabaleiro, Lara Dopazo e Sara Vila.