Distribución de mámoas no territorio.
Un equipo interdisciplinar, liderado polo equipo do grupo de investigación GIAP do Institut Català d'Arqueologia Clà ssica, acaba de publicar os primeiros resultados da aplicación da intelixencia artificial e a aprendizaxe profunda (deep learning) para localizar sitios arqueolóxicos. A súa zona de estudo foi Galicia, e localizaron preto de 9.000 mámoas, nunha "escala que antes era impensable". Para iso empregaron un algoritmo que emprega o sistema de detección de obxectos YOLOv3 e un algoritmo de análise do terreo Multi-Scale Relief Model. A inxente cantidade de túmulos localizados "poderÃa cambiar o estado actual do coñecemento sobre a distribución espacial da paisaxe de túmulos funerarios prehistóricos en Galicia". Os traballos, levados a cabo polo investigador predoutoral Iban Berganzo, dirixido por Hèctor A. Orengo e Felipe Lumbreras, están asesorados por unha ampla nómina de especialistas en computación e arqueoloxÃa da paiaxe, e se atopan aÃnda unha fase "preliminar". As seguintes fases consistirán en contrastar os resultados coas bases de datos actuais co catálogo de túmulos e con campañas de traballo de campo para probar os resultados. Estes traballos, pioneiros no mundo, "demostran a posibilidade de automatizar a detección de caracterÃsticas, estruturas e sitios arqueolóxicos" e poderÃan aplicarse a outras áreas.
Como entrenar á máquina para recoñecer mámoas. FotografÃa con elementos identificados (esquerda) e visibilización das mámoas (dereita)