
A exploración dos ritmos latinos e da música de verbena coa que Ortiga encara a súa proposta vai máis alá neste traballo, que percorre camiños nada xacobeos que van desde o merengue, a cumbia, salsa, bossanova, funk, etc. nas cancións, de temática romántica do seu tempo na súa maiorÃa, cantadas indistintamente en castelán ou galego, Chicho dá entrada a toda a instrumentación electrónica e ferramentas dese tipo que o veñen xa acompañando como distintivo na súa carreira: sintetizadores, autotune, sons MIDI, etc. Pero tamén deixa espazo para sacar partido da súa guitarra en formato acústico ou eléctrico. Este traballo é o segundo disco longo en solitario do artista compostelán tras Chicho & sus chichas (Ernie Records, 2019), tendo no medio un frutÃfero perÃodo no que tamén sacou o disco de Los Rastreadores, o seu proxecto en común con Grande Amore, e a colbroación con Rodrigo Cuevas para a canción "La magia de mi melena".
Colaboracións con pegada
O disco conta coa colaboración de varios nomes de especial relevancia. Sabes el camino que elegà foi gravado e mesturado por Hevi (Amalandrómeda) en Laboratorio Soyuz de Trazo entre decembro de 2020 e febreiro de 2021 e coproducido entre o propio Hevi e Chicho. Conta coa colaboración no tema "Salsa de Piraña" do andaluz Miguelito GarcÃa, cantante de Derby Motoreta's Burrito Kachimba, co que comparte a composición e, letra e interpretación do tema. Ademais tamén están moi presentes as colabocacións con Joâo A. Ferreira na composición de catro temas e na gravación das guitarras do álbum. Na arte gráfica o disco conta co traballo do ilustrador e muralista SOKRAM.