Un grupo de científicos do CSIC son os responsables da elaboración do Calendario científico escolar 2022, destinado a alumnado de ensino primario e secundario. O calendario conmemora aniversarios científicos ou tecnolóxicos, como o nacemento de persoas significativas neses ámbitos ou de achados destacables. O calendario preséntase en diferentes idiomas, entre eles o galego, e ofrece tamén unha guía didáctica con numerosas actividades adaptadas a cada rango de idade.
O CSIC presenta o calendario científico escolar 2022
Acompáñase cunha guía didáctica para tirarlle proveito en diferentes niveis de ensino
