![](imaxes/edicion/atopemonos_bailando_2022.jpg)
A convocatoria, aberta a compañÃas de España e Portugal, prestará "especial atención ás creadoras de Galicia" cunha reserva da metade das prazas. As actividades están destinadas a "artistas individuais ou equipos que fundamenten o seu traballo artÃstico arredor do movemento e o corpo", e desenvolveranse nas instalacións do Museo Interactivo da Historia de Lugo cunha duración de entre 5 e 10 dÃas.
As propostas seleccionadas deberán desenvolver ao longo da súa estadÃa unha sesión aberta da residencia para público local ou a comunidade da danza galega ou realizar un obradoiro ao finalizar a estadÃa, e recibirán unha remuneración de entre 700 e 1500 euros. O prazo de presentación está aberto ata o vindeiro 31 de marzo, e a actividade deberá desenvolverse entre o 1 de maio e o 30 de outubro.