
Ademais, o volume repasa a última edición da feira Galicia Escena Pro, analiza os dez anos no festival Atlántica de narración oral ou a situación de Vigocultura entre outras propostas. Por sectores, Sabela Ramos e Manu Lago abordan a cuestión de se hai público para a danza, Comba Campoi escribe sobre o estudo Titeredata e Santi Prego aborda a última xeira do Festival de Títeres de Redondela. A entrega inclúe tamén unha lembranza para o falecido Pedro Brandariz asinada por Carlos Sante Varela.