
O festival desenvolverase asà en catro escenarios diferentes, todos eles situados no casco urbano estradense como novidade este ano tras facerse anteriormente no recinto da Fundación de Exposicións e Congresos desta localidade. A maiorÃa das actuacións serán ao aire libre, a Praza da Feira será o centro neurálxico da cita. No seu entorno instalaranse dous escenarios: un na nova Praza da Feira e outro na carballeira da zona inferior, no Campo da Feira. A maiores, haberá un par de concertos de interior no Teatro Principal e unha intervención artÃstica no Novo Mercado. O festival baixará o pano o domingo 18 cunha sesión vermú na Praza da Feira. Estará protagonizada por Grande Amore (12.30 horas), artista que xa estivo en A Estrada na primeira edición de O Son dos Arrieiros e Kris K Dj (13.30 horas), picadiscos de Caldas do equipo habitual da Duendeneta que se centrará nunha sesión de música de grupos galegos.