
O volume, de 192 páxinas, narra unha historia de xénero negro na que o protagonista investiga o asasinato dunha deidade cósmica. A realización desta obra financiouse mediante unha campaña de crowdfunding na que os tres autores conseguiron 170.000 dólares fronte aos 35.000 que tiñan como obxectivo inicial.
De xeito paralelo, Demo Editorial leva aos andeis das librarÃas a edición en galego de Black is Beltza. Ainhoa. Esta novela gráfica con guión de FermÃn Muguruza, Harkaitz Cano e Isa Campo e debuxo de Susanna MartÃn. A obra, que sae en paralelo ao filme de animación do mesmo tÃtulo, repasa en 128 páxinas a vida da protagonista que lle dá tÃtulo. A partir dunha trama de investigación, o volume fai un percorrido polos movementos revolucionarios do mundo nos anos 80.