
A obra preséntase como "Unha comedia, sobre o triste que é todo". 'O refuxiado' conta a historia dun polÃtico ambicioso, sen escrúpulos nin cultura, que acepta o consello do seu audaz xefe de gabinete para solucionar un inminente proceso por corrupción: acoller un refuxiado na casa. En lugar dun presunto delincuente, será un home con conciencia. A esposa e a filla do polÃtico, vórtices nun fogar convulso, xogarán tamén un papel ante a opinión pública. A solidariedade, a traxedia, a crueldade e a miseria, convértense en vimbios cos que fabricar unha balsa na que fuxir da propia pobreza moral. Unha balsa ou unha soga. O autor tamén é guionista en produtos televisivos que poden ser coñecidos, como as series Terras de Miranda, Era Visto, Air Galicia ou As leis de Celavella O director, José LuÃs Prieto, foi o escritor da adaptación teatral de Fariña, da obra Recortes e de 'Somos Criminais'.