Dous concursos públicos convocados polo concello de Betanzos van facer unha gran remuda dunha das principais institucións culturais da cidade, o Museo das Mariñas. Un dos concursos, dotado con máis de 172.000 euros, acometerá a renovación das evolventes e carpintería exterior do inmoble, radicado no antigo convento de Santo Domingo. Esta licitación foi financiada con fondos do Instituto para a Diversificación e Aforro enerxético. A outra, acometerá a renovación da iluminación interior por un sistema led que reduza o consumo enerxético do museo.
Betanzos inviste máis de 375.000 euros na reforma do Museo das Mariñas
Mudará a carpintería exterior e a iluminación interior para mellorar a eficiencia enerxética
23 lecturas | Compartido 0 veces
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Entidades
Conceptos
Lugares


