
Canda a estas obras, o director Dani de la Torre compite na sección Pantalla TV co filme La unidad Kabul, mentres Carmen P.G. Granxeiro achega a súa Nun tempo de horta á sección oficial Cinema Cocina. Pola súa banda, Javier Veiga participa fóra de concurso na sección oficial con Amigos hasta la muerte. Tamén, fóra de concurso, o festival acolle a estrea de Honeymoon, novo filme de Enrique Otero.