
Nesta primeira xeira, o volume recolle un total de 82 espectáculos de 36 compañías e solistas que desenvolven o seu traballo no noso país, a achegar sinopses, datos de contacto e outras informacións sobre cada unha das propostas.
Segundo sinala o Centro Coreográfico, a obra "dá conta da variedade estilística e temática das montaxes de danza e artes do movemento que se producen na actualidade en Galicia, con propostas de danza contemporánea, urbana, tradicional, acrobática ou mesmo tango, así como con achegas heteroxéneas que mesturan diferentes disciplinas, creadas tanto para público adulto como para o familiar e levadas a escena tanto por compañías xa consolidadas como por nomes emerxentes".
O catálogo, que se pode consultar en liña, recolle pezas de Cía Aïda Colmenero Cía, ButacaZero, Can Cun Quinqué, Caramuxo Teatro, Colectivo Glovo, Daniel Rodríguez, DElas, Desfoga, Determinada Compañía, Disicen.Cía, Elahood, Elvi Balboa, Cía Entremans, Et Suseia Danza!, Eva Comesaña, Cía Exire, Experimenta Danza, Félix Fernández, Fran Siera Compañía de Danza, Funboa Escénica, IXA, Kirenia Danza, Laboratorio Escénico, Marcia Vázquez, Marta Alonso Tejada, Nelson Quinteiro Producións, Nova Galega de Danza, Óscar Cobos Cía de Danza,Paula Quintas Cía, Pisando Ovos, PistaCatro, Punto y Waak, Sil Producciones, Tango en Galicia, Tuatha e VacaBurra.