O drama do exilio e da guerra civil tamén se expresou en moitas ocasións a través de versos. Pero os do marinense José Pastoriza Soto ficaran esquencidos, desde que os deu a luz en 1975 en París, onde este antigo militante anarquista, bombatente na Guerra civil e logo refuxiado en Francia. Como consecuencia das sabotaxes na industria militar nas que colaboraba, foi enviado a Alxeria. Trala Segunda Guerra Mundial continuou en Francia, vinculado á prensa anarcosindicalista, e publicou a obra Reflejos en las orillas del Sena en 1975. O libro conta cun estudo introdutorio de Eliseo Fernández e Dionisio Pereira no que dan contada peripecia vital de José Pastoriza. O libro está de descarga gratuíta na web do Consello da Cultura Galega e pertence á colección Clásicos da Emigración, na que se recuperan textos producidos fóra de Galicia por emigrantes e exiliados.