
Este proxecto autoeditado, que conseguiu máis de 8.000 euros nunha campaña de crowdfunding, "percorre o camiño da construción, o incendio e a recuperación da Casa Queimada e a súa contorna, a través das ilustracións e os textos". Cun total de 72 páxinas artelladas en catro capÃtulos, este traballo dos irmáns Trigo aposta pola clave poética para narrar a historia da desaparición e resurrección deste espazo situado á beira do mar nas proximidades da Guarda.
Ademais da banda deseñada, a proposta inclúe esculturas realizadas con madeiras de crebas, ilustracións e a propia posta en marcha do espazo de creación artÃstica no inmoble. De cara ao futuro, e alén de desenvolver unha programación de actividades no lugar, os autores prevén completar un documental centrado na posta en marcha deste novo proxecto creativo.