
Borxa Colmenero abrirá a xornada a falar sobre "Abalarmos o político: da radicalidade de uns estudos emancipatórios galegos". Unha análise sobre "A Galiza no novo regime climático" a cargo de Brais Estévez Vilariño e un encontro entre Albert Botran e Antom Santos arredor de "as teses autodeterministas e os limites do político no Estado espanhol" finalizarán a sesión da mañá.
Na tarde Helena Martínez e Ana Cabana protagonizan un encontro sobre "olhadas da Galiza rural das perspetivas histórica e socioeconómica", mentres Pablo García fecha o programa a realizar "unha lectura guiada d'A Soldadeira, de Luís Seoane".