
Desde a AAAG manifestan "inmensa gratitude" por este recoñecemento, que consideran que chega dende un dos festivais de maior traxectoria dentro do circuÃto de mostras escénicas de Galicia. "O seu esforzo durante décadas a prol do noso teatro, da nosa cultura e da nosa lingua fan deste galardón un dos máis especiais que se poden recoller no seo do noso sector", afirman desde a asociación e lembran que o FETEGA, que tamén leva o nome do actor Celso Parada, decidiu en 2017 bautizar os seus galardóns como os Premios Dorotea Bárcena, en honra xustamente a esta actriz.
Programación 2023
O FETEGA celebra dende este mércores 13 e até o sábado 16 de decembro a súa 34º edición. O programa ábrese coa sesión infantil da obra 'Antón, un neno diferente', de Barafunda. Xa o xoves chegaralle a quenda a 'O pequeno poni', obra de Redrum Teatro protagonizada por Guillermo Carbajo e Laura MÃguez baixo a dirección de Alex Sampayo.
O venres, Teatro do Noroeste representará 'As damas de Ferrol', obra dirixida por Clara Gayo con Mónica Camaño e Casilda Alfaro no elenco. Xa o sábado, Malasombra chegará ao Carballiño coa obra 'Testosterona', dirixida por Xoque Carbajal e protagonizada por Camila Bossa e Luis Iglesia.