O traballo Sinais valeulle a Héctor Carré facerse cos 2.000 euros con que está dotado o V Premio Daniel Domínguez de guión en galego, que organiza a Asociación Sindical Galega de Guionistas. O galardón, que recoñece textos para longametraxes de ficción, tivo como finalistas a Uxía Diéguez Santiago co seu traballo Furtivo e a Gumersindo Novoa Rodríguez con As cores da alma.
O xurado, composto por Sara Varela, Ángel Manzano e Víctor Sierra, sinalaron do traballo gañador que "propón unha inmersión nas vivencias das persoas con discapacidade auditiva, abordando temas relevantes como o consentimento, a integración nun entorno educativo convencional e o espertar do desexo sexual, todo tratado con autenticidade e empatía".
Os tres autores seleccionados contarán cunha subscrición gratuíta ao mercado online da plataforma Filmarket Hub, que lles facilitará vender os seus guións.
Os tres autores seleccionados contarán cunha subscrición gratuíta ao mercado online da plataforma Filmarket Hub, que lles facilitará vender os seus guións.


