
A entrega achega dezaseis artigos nos que diferentes sinaturas repasan os principais aspectos da vida e obra do autor de Lourenzá. Entre estas, Patricia Arias Chachero aborda a represión que sufriu o autor por parte do franquismo, MarÃa Dolores Cabrera e X. Francisco DomÃnguez MartÃnez analizan o papel do homenaxeado na biblioteca da Fundación Penzol, Perfecto Conde trata a literatura memorialÃstica do autor ou VÃctor F. Freixanes lembra o seu traballo na Real Academia Galega.
Xesús Alonso Montero asina un texto sobre as relacións de Del Riego co exilio cultural galego, mentres Miguel González Somovilla aborda as lúas ligazóns con Cunqueiro e Mario Regueiro achega unha análise sobre "Fernández del Riego como crÃtico ante as Novas Narrativas". Canda a estes contidos, o volumen achega datos sobre o traballo de Del Riego como tradutor, historiógrafo e lector cosmopolita ou o seu interese pola filosofÃa galega e pola figura de Prisciliano.