
Na listaxe de participantes que fixo pública a organización da efeméride atópanse Aida Cobas, Alba de Vales, Amor Herrera, Ana Meilán, Ángeles Goás, Bea Campos, Brais das Hortas, Cándido Pazó, Carlos Rebolo, Charo Pita, Cris Collazo, Cris de Caldas, Inma Soto, Larraitz Urruzola, María Iglesias, Marta Ortíz, Monicreques de Kukas, Olga Abad, Pablo Díaz, Paco Nogueiras, Paula Carballeira, Pavís Pavós, Quico Cadaval, Raquel Queizás, Sole Felloza, Vero Rilo e Xabi do Camiño.
Para alén das funcións convencionais, contratadas por diferentes concellos en bibliotecas, teatros ou auditorios co gallo da celebración, no marco deste programa as entidades organizan "funcións solidarias en hospitais, residencias da terceira idade e centros penitenciarios, para poñer o foco na defensa dun dereito fundamental: cultura para todos e todas".
Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, correou coa redacción do manifesto para a nata, no que "convida a todos a contar e contarse, poñendo o foco na importancia de dar luz ás voces silenciadas, agochadas, perdidas. Un convite a ser parte da historia, a ser inmortal... 'se queres'". O texto está a se distribuír en centros de ensino, bibliotecas e concellos.
