Outro xeito de colonizar

Un libro biográfico sobre Rosendo Salvado en Australia está dispoñible para descarga

4/4/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: historia
26 lecturas | Compartido 0 veces

Monxes e indíxenas con oficios no mosteiro de Nova Nursia

O profesor e economista Albino Prada é o autor do libro divulgativo O bispo dos sen alma. Rosendo Salvado en Australia (1846-1899), editado pola Universidade de Vigo e agora dispoñible para a súa descarga de balde na web da entidade. O libro é a versión eng alego dun orixinal publicado hai máis de dez anos e que explica os traballos e proxectos levados a cabo polo famoso misioneiro tudense na Australia indíxena durante a colonización do continente, centrados sobre todo na fundación do mosteiro de Nova Nursia. Prada amosa tanto a relación do monxe cos indíxenas como as tensas relacións cos colonos ingleses que querían facerse cos terreos gandeiros da zona ou as desputas e intrigas levadas polos seus compañeiros frades ou coa curia católica. O libro naceu a partir do "material biográfico básico recollido hai anos para a confección dun posible guión para unha película documental". Para Prada, "Rosendo Salvado transita entre o século XIX e o XXI coma un cosmopolita e culto tudense que deixou unha pegada premonitoria: a idea de que outra globalización era posible".
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos