
Deste xeito, cóntase coa presenza de autores con carreira alén dos Pireneos, como os cataláns Josep Homs e Javi Rey, que explicará a súa carreira profesional nunha charla. Canda a eles, o mallorquín Pau comparte espazo coa viguesa Alicia Jaraba e mais co lugués Miguel Fernández, que presenta no evento a edición en galego de A espada de San Eufrasio.
Ademais dos encontros con estes autores e autoras, o programa inclúe tres obradoiros a cargo de Kame Cómics da man de María Vilar e Iago Araújo. As sesións de sinaturas do final de cada xornada contarán tamén con diferentes autores locais. O domingo 2 celébrase, no marco desta iniciativa a Praza da Banda, un encontro de autoedición que contará con representantes dunha vintena de propostas artísticas.