
Un dos destaques deste ano será a celebración do cuadraxésimo aniversario da novela 'Crime en Compostela'. Gañadora da primeira edición do Premio Xerais, a novela de Carlos Reigosa considérase a obra fundacional do xénero policial na literatura galega. O Festival da Lectura rende homenaxe a este fito a través do seu cartel, no que aparece a pistola Star DKL do 9 curto, arma empregada para cometer o Crime en Compostela. Ademais, terá lugar unha mesa de debate arredor da importancia da obra, á que asistirán Fran Alonso, XaquÃn Núñez XabarÃs e o propio autor, Carlos Reigosa, asà como dous paseos polos escenarios da novela e polos espazos do xénero negro na cidade, guiados polo escritor e crÃtico literario Mario Regueira. Estes dous paseos son parte das 12 andainas con diversas temáticas literarias para descubrir a cidade desde outra ollada que ofrece este ano a SELIC.
SELIC Criminal
Na liña de 'Crime en Compostela' e seguindo o camiño iniciado o pasado ano, a SELIC continúa coa súa vocación de reflexionar sobre o xénero negro coa súa sección Criminal, coordinada por XaquÃn Núñez SabarÃs. Nesta segunda edición, co obxectivo de integrarse na rede de festivais negros, a SELIC Criminal acolle un encontro festivais negros, con Javier Rivero (Tenerife Noir), Javier Sánchez Zapatero (Congreso de novela y cine negro de Salamanca) e Miguel Barrero (Semana Negra de Xixón. Ademais, varias mesas traerán a debate outras cuestións como os detectives de ficción, con Bieito Iglesias, Beto Luaces e Araceli Gonda; o cómic deste xénero, con Carlos Portela e Miguelanxo Prado; ou ata as tatuaxes criminais, da man de Servando Rocha. A SELIC Criminal tamén nos achegará ás obras de Rosa Ribas, Sara Vila ou João Tordo; os dous últimos incluÃdos no Clube de Lectura Criminal que se desenvolve paralelamente na Biblioteca Pública Anxel Casal de Santiago e na Biblioteca Lúcio Craveiro da Silva de Braga, que terá no Festival da Lectura o seu punto de encontro. Os relatos negros de todo o mundo serán os encargados de fechar a SELIC con Crime en carpaccio, un espectáculo de Simone Negrin.
Música, poesÃa e máis
Na súa teima de traer a lectura ao directo con formatos diferentes, que con frecuencia hibridan distintas disciplinas artÃsticas esta edición do Festival virá cargada de música grazas á visita do Leo de Matamá co seu 'Libre de libro', de F. X. Fernández Naval e Eva Veiga co 'Fragor do urdido' ou de Celso SanmartÃn e BenxamÃn Otero con 'A cousa eterna'. A Fundación Carlos Casares traerá nas súas Coordenadas outros dous recitais: un con Ghaveta e Rexina Vega; e outro coas cegas de Ouselle acompañando a Santi Romay, que interpretará textos de Xesús Fraga. O programa xa está completo e dispoñible xunto