
Os arxentinos Lucas Varela e Kundo Krunch e o brasileiro Marcello Quintanilha compoñen a sección de convites internacionais do evento. Canda a estes nomes, a barcelonesa Genie Espinosa, que asina o cartel desta edición, estará acompañada dos cataláns Susanna MartÃn e Marc Torices, da madrileña Yeyei Gómez e mais do ourensán Jorge Campos a protagonizar cadansúa mostra individual no programa. Estas súmase a exposición dedicada ao Premio Castelao de BD do último ano, que amosará os traballos de Paula Mayor e Cristian F. Caruncho.
Segundo adiantou Cráneo, a xeira achega "unha aposta importante na súa parte expositiva" e salienta como "un dos puntos fortes desta edición" a recuperación dos convidados internacionais. Para el, "os fÃos que unen esta edición nas mostras oficiais son as temáticas sociais e a banda deseñada independente e experimental".
O programa completo do evento darase a coñecer ao longo dos vindeiros dÃas no web oficial do festival, a incluÃr "charlas, visitas, firmas de libros, proxeccións de cinema, música e obradoiros para profesionais e público infantil", segundo adianta a organización.