
Canda a estes, visitarán tamén o Salón Leandro Barea, Víctor Rivas, Jorge Campos, Alicia Blanco, @Vai_dibuja e Sarai Lorenzo, que participarán no mercadiño de BD e ilustración. Haberá tamén postos de editoras como Demo e de librarías como Wells ou Quenlla, que acollerán sesións de sinaturas a cargo de Bea Gregores, Lucía Cid, Xavier Alcalá, Manel Cráneo e Ángela Curro, Adamantik, Law e Fon.
Proxeccións de filmes como Momias, Robot Dreams, El Monstruo Marino ou Spiderman: Across The Spider-Verse, obradoiros de creación de BD e de introdución á cultura xaponesa ou un concurso de cosplay fan tamén parte do programa.