
Javier Pérez Buján é o comisario desta mostra na que se amosa, por unha banda a liña, como recurso de esquematización do motivo, moi utilizada nas vangardas herdeiras do modernismo e con claras influencias da arte oriental. Unha técnica que foi moi utilizada na ilustración de revistas e xornais de principios do século XX. Por outro lado o garabato como recurso de expresión pulsional, do subconsciente, que os surrealistas popularizaron e que tamén foi moi utilizado polas correntes da pintura de xesto, como os diferentes momentos do expresionismo. A exposición poderá visitarse ata o 13 de outubro.