
O xurado acordou por unanimidade concederlle o galardón pola súa proposta dunha "novela arredor da infancia, a memoria e a identidade" que cualificaron como "un proxecto sólido, con grande ambición literaria e cun plan de traballo ben definido e artellado e viable no tempo".
O fallo tamén destacou "a definición dos espazos, estrutura e personaxes avalan o compromiso e a responsabilidade creativa do proxecto, ademais da vinculación expresa do proxecto coa cidade de Santiago e pon en valor a súa calidade literaria".
A escritora Rosa Aneiros, a editora e xestora cultural Eva Mejuto e a editora Andrea MarÃa Jamardo foron as responsables de seleccionar o proxecto gañador entre as sete propostas presentadas a concurso.