
En 'Estëreo estrada' Santos ofrécenos once novas cancións compostas durante estes pasados 4 ou 5 anos, máis ou menos os mesmos transcorridos desde a gravación e lanzamento do último traballo asinado con Los Seres Queridos, aquel "Academia" (2020) saÃdo cando a pandemia facÃa moi complicadas as presentacións en directo. Tras más de 30 anos de carreira Eladio avanza na súa marca sonora, a súa voz intimista e a súas letras, ás veces emocionais e ás veces cheas de reflexión social inundan este novo traballo de produción impecable. Segundo un comunicado do propio artista os temas deste disco aluden á "necesidade humana de fantasÃa, do inhumano ritmo dos mercados que padecemos na era da información, de amparo e desamparo, e de amor e morriña". Catro temas en galego afianzan a capacidade letrista na nosa lingua do músico que no seu momento sacou adiante aquel 'Cantares' (Esmerarte, 2016) co que recuperou para o pop galego unha selección de temas alleos ou populares. Para a gravación deste traballo a soidade de Eladio complementouse coas colaboracións de Andrés Cunha, Cora Velasco, Gala Santos e Ari Magritte, para a gravación de coros voces ou algúns dos instrumentos.