O Festival de cine de Ourense enfila a recta final da súa oitava edición. E faino con máis proxeccións galegas. En primeiro lugar, José de Cora presentou a súa película O ladrón de Reliquias (CTV e Lugopress), despois a productora coruñesa Saga TV fixo o propio con O derradeiro grolo, dirixida por Olalla Piñeiro. A presentación das produccións continuaron coas curtametraxes da Escola Galega de Cine (Egaci) e os proxectos do xénero fantástico e de terror de Vaca Films.
Máis información na nosa ficha do Festival, da productora Lugopress e da escola Egaci