
Segundo explica a presentación do proxecto, este "conxuga tres aspectos determinantes para coñecer e valorar a figura e a obra de RosalÃa de Castro: a súa biografÃa, o contexto histórico e socio-cultural en que se desenvolve e a orientación, o sentido e a vixencia da súa obra".
Deste xeito, a mostra quere salientar a formación intelectual da autora asà como repasar, a través de fragmentos da súa obra, os seus posicionamentos sobre cuestións como o matrimonio, a emigración, a situación subalterna de Galicia ou o papel da muller, a incidir no seu compromiso social e cultural.