
O tÃtulo do álbum incide na idea desta música e deste traballo en concreto como lugar de encontro, non só de sonoridades senón tamén das propias persoas. De feito na gravación do disco toman parte numerosas persoas que conforman o seu grupo de soporte, comezando pola produción compartida con Hevi, que tamén fixo a propia gravación e mestura do disco, ata numerosas colaboracións musicais como a de Cibrán (compañeiro en Boyanka Kostova) e mesmo artÃsticas como a do ilustrador e autor de banda deseñada Mariano Casas, encargado da arte gráfica deste disco, destacada na edición limitada en vinilo do álbum. Tamén resulta destacable o traballo de vÃdeos feito por Xaime Miranda. Esta 'Obra social' chega tres anos despois de aquel 'Sabes el camino que elegÃ' (Ernie Records, 2021) e o seu novo selo discográfico, Raso, preséntao como "o disco de confirmación dun dos artistas máis populares e iconoclastas da música galega contemporánea", en todo caso resulta moi claro con el que non hai nada esgotado na súa proposta e que o Chicho segue facendo achegas interesantes, divertidas e frescas dentro da súa particular liña de traballo.