Falece o pintor Alexandro, valedor do expresionismo de gran formato

Morreu en Muxía este martes

9/10/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: arteNecrolóxicas
15 lecturas | Compartido 0 veces
O pintor Alejandro González Cruz, de nome artístico Alexandro, non se consideraba un pintor costumista ou descritivo. O seu traballo entre a abstracción, a figuración e o expresionismo, a grande formato, e usando técnicas mixtas que achegaban tridimensionalidade á súa obra. Cadros impactantes de formas e cores que convidaban á expectación e á imaxinación, nunha liña que comezou a ser ensaiada nos anos 70 coas primeiras exposicións en diferentes cidades galegas. O pintor, de orixe ourensá, instalouse en Muxía a principios dos 2000, e continuou a traballar na súa obra desde alí. A súa obra está recollida en numerosos catálogos individuais e colectivos.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos
Lugares