Roberto X. Hermida
De entre os 66 textos presentados ao XXXVII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé o xurado decantouse pola obra 'Pequena vida salvaxe', primeira incursión na poesía do biólogo e escritor Roberto X. Hermida. O xurado do certame, convocado polo Círculo Mercantil e Industrial - Unidade de Fene, fallou a favor desta obra novel, requisito das bases deste concurso enfocada ao descubrimento de nova voces poéticas. Roberto X. Hermida é doutor en bioloxía, especializado nos morcegos, naceu en Vilagarcía de Arousa e medrou entre As Pontes de García Rodríguez, Herbón e Santiago de Compostela. O premio supón unha dotación de 3.000 euros e a publicación da obra por Espiral Maior. O autor recibirá o premio o vindeiro día 23 de novembro.