
O xurado do que é único galardón do seu tipo existente no paÃs destacou de Latexos o "intelixente e suxestivo uso de recursos diversos como as onomatopeias, anáforas ou metáforas que constrúen un universo poético engaiolante para o público novo".
A entrega do premio transcorrerá este 13 de decembro ás 19.00 h. no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura. No acto presentarase tamén o libro Versos (a)variados, de Pablo Nogueira, gañador da anterior edición do certame.
Dourado xa obtivera en 2023 o premio Premio Florencio Delgado Gurriarán e fora tamén galardoada en certames como o MarÃa Marió ou o Avelino DÃaz. Ten publicado ademais o poemario IntraGUERRAS.