A artista baionesa Lula Goce abrirá este venres o seu espazo de traballo ao público en Nigrán, dentro da súa comarca de orixe do Val Miñor. A recoñecida muralista, de proxección internacional polos seus traballos sobre edificios ou en espazos públicos, que mesmo ten traballado por encarga para a ONU en varios paÃses, permitirá o acceso ao seu obradoiro persoal nunha xornada única e festiva desde as 19:30 horas ata a medianoite. Na xornada organizada en colaboración coa compostelá GalerÃa DUPLA, onde recentemente protagonizou unha exposición, Goce amosará outros formatos de creacións artÃsticas sobre lenzo, madeira e papel nos que está a traballar, baixo o tÃtulo expositivo 'Inner garden'.