A Palabra do Ano 2024 está directamente vencellada coa vindeira celebración do DÃas das Letras galegas 2025. Na votación popular promovida pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié a través do Portal das Palabras impúxose 'Cantareira', con 25 por cento dos votos, nunha elección na que o público se decantou maioritariamente polas opcións patrimoniais. A segunda opción máis elixida foi 'meu, miña', outra proposta que remite á oralidade e que apareceu entre as finalistas como alternativa de noso ao anglicismo *bro, apócope de brother (irmán). Este posesivo, no seu uso en vocativos ou exclamacións, acadou arredor do 23 % dos votos, cunha lixeira vantaxe sobre 'fala', que figurou entre as finalistas na segunda opción que recolle o Dicionario, "lingua natural propia dunha comunidade humana". Cun resultado moi próximo obtivo a cuarta posición 'aparvar(se)', vocábulo tradicional para se referir á preocupación polos efectos do consumo excesivo de contidos nas redes sociais. En quinto e sexto lugar quedaron 'dina', substantivo formado a partir do acrónimo da locución depresión illada en niveis altos, e o sintagma nominal 'emerxencia climática', respectivamente.
A escollida 'Cantareiras' está directamente relacionada coa celebración que está a piques de comezar en 2025. A palabra 'cantareira(s)' designa as protagonistas do DÃa das Letras Galegas 2025, festa que a Real Academia Galega dedicará á poesÃa popular oral e ás mulleres que cantan e crean cantigas. A celebración do vindeiro 17 de maio personificarase nas figuras de Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (MuxÃa) e en tres das cinco Pandeireteiras de Mens (Malpica de Bergantiños), Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar, por seren as que faleceron hai máis dunha década. Na primeira acepción do dicionario da RAG, 'cantareiro, -a' define a persoa que sabe cantar ou afeccionada a facelo e ten como sinónimos 'cantadeiro, -a', 'cantador, -a' e 'cantaruxeiro, -a'. Como adxectivo, esta voz ten unha segunda acepción similar, "que emite un son agradable e melodioso", pero a Palabra do Ano 2024 refÃrese á forma substantivada cantareira, que se aplica á muller que canta cantigas populares. O termo créase en todos os casos sobre o verbo cantar, que procede do equivalente latino cantare. Desde RAG sinalan que "a acollida desta elección tamén apela ás novas xeracións de intérpretes e creadoras e creadores que beben deste herdo dun pobo que segue a cantar en galego, e que atopa nesta forma de expresión unha maneira contemporánea e vivificadora de proxectar no mundo toda a súa creatividade e potencia cultural, que ten como cerna a lingua galega".