'Simultánea' sincroniza a sete ilustradores traballando en directo

Nas sete cidades ao tempo participarán artistas como Flavita Banana, David Rubín, Luis Davila ou Iria Fafián

Nas sete cidades ao tempo participarán artistas como Flavita Banana, David Rubín, Luis Davila ou Iria Fafián
Luís Davila. Fotografía de HombreDHojalata. Fonte: Galipedia
No marco da macroexposición 'Simultánea', que Afundación, ofrece nas súas sete salas de exposición de sete cidades galegas, preséntase unha nova actividade sincrónica co proxecto. O vindeiro xoves 9 de xaneiro, a partir das 18.30 horas, sete destacados ilustradores debuxarán en directo, un en cada unha das salas O público poderá ver en directo como se inspiran, crean e reinterpretan algunha das obras pertencentes á Colección de Arte Afundación. Entre os artistas que participarán atópanse perfís moi diferentes, con estilos, linguaxes e soportes diversos que constatan a riqueza da ilustración. Estarán nas salas de 'Simultánea' destacados humoristas gráficos como Flavita Banana ( A Coruña), Siro (Ferrol) ou Luis Davila (Vigo); artistas cunha dilatada carreira como muralistas de gran formato como Nana (Lugo) ou Iria Fafián (Santiago de Compostela); ilustradoras que tamén experimentan coa cerámica e outros materiais, como Abi Castillo (Pontevedra); ou un nome imprescindible para entender e estudar a banda deseñada de superheroes e aventuras, David Rubín (Ourense).