
A agradecer o apoio do público, das persoas que pasaron pola banda e de todas as que participaron do proxecto, os músicos darán un último concerto o vindeiro 22 de febreiro na sala La Madeleine de Bruxelas, no marco do festival EmigraSON. Ademais, a xeito de despedida, presentou un lanzou un último tema, Bicos.
Segundo lembran, na banda "levamos dende 2010 subindo aos escenarios de forma ininterrumpida. 15 anos sacando boas cancións, disco tras disco, sin parar de tocar a nosa música en directo. Centos de concertos, pogos, suor, sangue e algún que outro oso roto. Pero ás veces as baterÃas tamén se esgotan. Por iso, queremos anunciar que Terbutalina vai parar de forma indefinida".