A igrexa románica de Tiobre, en Betanzos, sufriu danos de envergadura durante a pasa borrasca Ivo. O muro exterior da cabeceira da igrexa, que inclúe diferentes elementos de plástica románica, derrubáronse sobre o exterior. O interior non sufriu aparentemente desperfectos. Os técnicos do Arcebispado de Santiago estiveron valorando danos para efectuar a reparación do muro en canto sexa posible, xa que as abundantes chuvias poden debilitar tamén os muros interiores e debilitar máis o templo. O derrubo inclúe o arco románico do ábside e o agnus dei que coroaba este templo do século XII, un emblema do románico das Mariñas. Dase a circunstancia de que a igrexa de Tiobre atópase na localización histórica de Betanzos o Vello, o núcleo histórico de poboación que despois foi trasladada á actual ubicación da cidade.

Estado anterior da cabeceira. Foto: Miguel Branco / Wikipedia

Estado anterior da cabeceira. Foto: Miguel Branco / Wikipedia