
Unha das citas máis destacadas será o tributo a José Afonso e RosalÃa de Castro, onde actuarán o grupo Canto DÂ’Aquà acompañados polos artistas Amancio Prada e UxÃa e que terá lugar o vindeiro 23 de febreiro en Braga. O festival inclúe artistas como Ricardo Ribeiro, Artur Caldeira, Isabel Rei SanmartÃn, Ana SofÃa Carvalheada, José Moças, Daniel Pereira Cristo, Óscar Ibáñez ou a Banda Municipal de A Estrada, entre outros. O broche final a máis dun mes de programación será o 15 de marzo coa proposta musical Concerto fusão tradicional dos grupos Canto D‘Aquà e Rusga de San Vicente, no auditorio Reveriano Soutullo en Ponteareas. As actividades, datas e localizacións, poden consultarse no Portal da Lingua Galega. Promovido polo grupo Canto DÂ’Aquà e o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, pertencente á Rede de Centros de Estudos Galegos e Lectorados da Xunta, co apoio doutras institucións como a Fundación RosalÃa de Castro, o obxectivo deste festival é dar cumprimento á Lei ValentÃn Paz-Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vÃnculos coa lusofonÃa.