Carlos López Bernárdez elixido académico da Real Academia de Belas Artes

Entrará a formar parte da sección de expertos nas artes da institución

Carlos López Bernárdez  Foto :© Xurxo Lobato
Carlos López Bernárdez Foto :© Xurxo Lobato
A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) elixiu ao historiador da arte Carlos López Bernárdez como novo académico numerario da sección de expertos nas artes. A votación celebrouse o pasado sábado nunha sesión da Academia celebrada no Auditorio Municipal de Ribeira. López Bernárdez ingresará nos vindeiros meses como académico de número da institución, cubrindo a praza, polo seu pasamento, de Ana Goy Diz. Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é historiador da arte e foi profesor de Lingua e Literatura Galegas ata a súa xubilación en 2018. É ensaísta de temas literarios e artísticos e comisario de exposicións, con especial dedicación ao estudo da vangarda histórica galega.