
Cándido Pazó escribiu e dirixe esta proposta que conta con Jouse GarcÃa, Marcos Orsi, Paula Pier e Xoque Carbajal sobre o escenario a darlle vida a once personaxes diferentes. Segundo apunta a compañÃa, O proceso é "unha peza teatral que, en ton de sainete cómico protagonizado por unha galerÃa de personaxes populares do Ourense de finais do XIX, aborda con frescura e desenfado, pero con rigor e reflexión, a cuestión do hoxe en dÃa chamado 'lawfare', asà como outros temas (a lingua, a cultura, a identidade...) que seguen vixentes na actualidade".
A peza partiu da publicación do Consello da Cultura Galega e o Ilustre Colexio de Avogados de Ourense O proceso penal a Manuel Curros EnrÃquez (1880 – 1881), que recolle as actas oficiais do proceso canda a un prólogo e un estudo. O pasado mes de setembro, Celanova acollera tamén a estrea de O Rexurdimento do Divino Sainete da compañÃa LaGriot'te, que tamén trataba o xuÃzo a Curros.