Segundo explica o texto que acompaña esta mostra, Virxilio desenvolve unha simplificación formal, de raÃz expresionista, coa utilización un tanto arbitraria da cor, de progenie Fauve. Para os seus cadros utiliza como formato caracterÃstico táboas como soporte, necesarias para os seus temas realizados con areas mesturadas en capas miúdas para xerar relevo, con pequenas volutas curvas. É un efecto que ten na base o debuxo, a lapis ou pluma, engadindo tintas planas aplicadas con intensas cores, efectivo recurso que lle identifica, sistema que utiliza asà mesmo en carteis e portadas de libros. A exposición estará aberta ata o 11 de maio.