Vigo acolle unha exposición sobre o impacto en Galicia dos viquingos

A mosta inaugúrase hoxe no Museo do Mar de Galicia

A mosta inaugúrase hoxe no Museo do Mar de Galicia
A exposición "Viquingos. Unha ollada desde Galicia", inaugurada en 2024 no Museo Gaiás da Cidade da Cultura, abre as súas portas no Museo do Mar de Galicia este luns 9 pola tarde. Trátase dunha "extensión" da mostra orixinal "Unha vida viquinga", que se celebrou no segundo semestre de 2024 no Museo Gaiás. A nova mostra "pon o foco no máis próximo: a pegada das expedicións escandinavas en Galicia". A exposición paroveita fondos pertencentes a once museos a institucións, das cales nove son galegos, unha sueca e outra andaluza. Entre as pezas galegas, figura a pedra fundacional das Torres de Oeste, o báculo de Gonzalo ou materialidade máis cotiá da época altomedieval galega. A mostra estará aberta ata o 28 de setembro.